CEG

 

Igualmente diferentes, pero non igualmente poderosas

Igualmente diferentes, pero non igualmente poderosas

O principio de igualdade entre mulleres e homes debe ter en conta as seguintes cuestións:

  • Se o xénero só fose unha cuestión de diferenzas, a desigualdade sería un problema de pertenza a un ou outro sexo (e non de dominio e vantaxes duns sobre outras). 
  • Desde a teoría da semellanza/diferencia e a oportuna neutralidade dos xéneros/protección especial que conleva, as medidas que se implanten a favor da muller corren o risco de considerarse discriminatorias para os homes). 

Daquela...

De que premisa debemos partir para abordar o tema da igualdade entre mulleres e homes de forma que o principio de igualdade formal se converta en efectivo e real?

Pois, por exemplo, da mencionada teoría da semellanza/diferencia. 
Na mesma, non se tivo en conta que existe un punto onde realmente se dá a igualdade: aquel no que as diferenzas das mulleres cos homes son iguais aos dos homes coas mulleres. 
É dicir, tan diferentes son as unhas como os outros, sen que haxa un único patrón de referencia.
Pero os xéneros (a nivel social) non son construídos co obxectivo de que sexan iguais (ou gocen de igualdade). 
Existe, de transfundo, unha xerarquía no poder que se outorga a cada xénero e que produce diferenzas reais, que, na práctica, son desigualdades en diferentes ámbitos (educación, saúde, traballo...).
E o laboral é un dos máis importantes, porque repercute na independencia da persoa, o seu poder adquisitivo, o desenvolvemento da súa carreira profesional, o acceso ao capital, a contía das pensións... 

Por iso é polo que é tan necesario implantar nas organizacións Plans de Igualdade ou medidas alternativas para lograr a igualdade real. 

Necesitas axuda ou asesoramento? 

Contacta co noso Gabinete Técnico: 

[email protected]                  
981 555 888

 


 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.