CEG

 

Día Internacional da Muller Emprendedora

19 de novembro: Día Internacional da Muller Emprendedora

A Organización de Nacións Unidas aprobou, en 1948, a declaración que reafirma que todas as persoas teñen dereito á liberdade, a igualdade e a dignidade, sen distinción polo seu sexo, raza, idioma, relixión ou calquera outra condición. 

En 1975 a súa asemblea xeral declarou o ano internacional da muller. Finalmente, en 2014, o Consello de Nacións Unidas estableceu o 19 de novembro como o “Día Internacional da Muller Emprendedora”. 

Obxectivo: recoñecer o valor e o esforzo das mulleres emprendedoras e sensibilizar á sociedade sobre as dificultades e obstáculos que aínda existen (especialmente para elas) a nivel financeiro e empresarial á hora de emprender. 

Polo tanto, a finalidade desta conmemoración anual non é outra que seguir traballando polo apoderamento feminino a nivel mundial, visibilizar á muller e, por suposto, erradicar a desigualdade de xénero, fundamentalmente a nivel salarial e económico en moitas partes do mundo. 

En España xa sabemos que o colectivo feminino está preparado para achegar valor, e que o seu talento non é diferente do masculino, polo que pode ter e conseguir os mesmos salarios e logros que os homes. Concretamente en Galicia, de acordo co Informe Global Entrepreneurship Monitor Galicia 2022-2023, facendo unha análise da taxa de actividades emprendedoras por sexo, faise patente un aspecto imparable no emprendemento galego: o crecemento das iniciativas das mulleres. As emprendedoras ven máis oportunidades que os seus conxéneres masculinos, e cando emprenden fano, en maior medida que eles, para marcar unha diferencia no mundo e conceden menos importancia á xeración dun nivel de renda alta.

Pero aínda é necesario romper definitivamente cos prexuízos sociais sobre as capacidades das mulleres para ocupar postos de dirección e responsabilidade, e, por suposto para dirixir negocios e fundar a súa propia empresa, no sector que desexe. 

O emprendemento feminino nas últimas décadas foi moi positivo para a sociedade. Representa unha gran achega na xeración de ingresos, ademais de darlle á muller un maior apoderamento nun mundo onde os homes seguen tendo maiores oportunidades. 

Sigamos  apoiando ás mulleres que queiran emprender, dende todos os ámbitos, e, en particular, desde o empresarial. Lograr a igualdade será positivo para elas, pero tamén para a sociedade no seu conxunto. 

Para todas as valentes que lograron superar todas as barreiras para crear o seu negocio:

Feliz Día Internacional da Muller Emprendedora!

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
Información adicional
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.