Dende o Gabinete Técnico de Igualdade escribimos, de forma recorrente, sobre conciliación corresponsable.
Por que? Porque a corresponsabilidade...
Þ É moito máis que un termo e afecta a todos os axentes sociais.
Þ É o camiño á igualdade de oportunidades: a igualdade só será efectiva cando homes e mulleres asuman as mesmas responsabilidades e obrigacións, de maneira que realidades como a maternidade, a creación dunha familia ou o coidado de maiores e dependentes, non supoñan un freo nas carreiras profesionais. Na práctica, no ámbito laboral, implica que, para participar na repartición dos coidados, homes e mulleres fan uso das medidas legais existentes na normativa, os convenios colectivos e/ou medidas organizacionais.
O obxectivo: distribuír de maneira xusta e equitativa os tempos de mulleres e homes, tamén no ámbito laboral.
Nesta ocasión, imos expoñer unha relación de beneficios que supón para as mulleres e os homes...e, por suposto, para as empresas.
Contacta co noso persoal técnico.
Pode axudarche.
[email protected]
981 555 888