Que é iso de asimetría de xénero? A perspectiva de xénero serve para identificar como se producen e reproducen relacións de xénero dentro de situacións concretas, e, nelas, visualizar e recoñecer a existencia de relacións xerárquicas e desiguais entre as persoas, que están determinadas polo xénero.
Desde as últimas décadas do século XX a incorporación das mulleres españolas ao traballo asalariado foi masivo.
A Organización Internacional do Traballo (OIT) sinala que esa tendencia de participación do colectivo feminino no mundo do traballo deuse a nivel mundial, pero cunha sobrerrepresentación do desemprego e a precariedade laboral.
A asimetría no ámbito laboral en xeral está marcada por factores persoais (formación e experiencia), tipo de traballo (nivel de responsabilidade) e posibilidade de acceso ao capital.
Estamos a avanzar? Sen dúbida. Pero seguimos estando lonxe dunha igualdade real.
Queres formar parte deste cambio tan necesario? Pois que saibas que todos e todas podemos participar (a nivel individual, empresarial, social) en acabar coas asimetrías de xénero e na construción de sociedades igualitarias.