A Intelixencia Artificial vs a Igualdade de xénero
Beneficios e Riscos
Parte I. Beneficios
De acordo co recolleito na web da Comisión Europea, a Lei de Intelixencia Artificial (IA), é o primeiro marco xurídico sobre esta materia, que aborda os riscos da IA e posiciona a Europa para desempeñar un papel de liderado a nivel mundial.
O Regulamento europeo de Intelixencia artificial (AIA, por Artificial Intelligence Act), en última fase de aprobación (maio 2024), ademais de pretender reducir cargas administrativas e financeiras ás empresas (fundamentalmente ás pemes), ten por obxecto proporcionar as/os que desenvolven e implementan IA requisitos e obrigacións claros en relación cos usos específicos da mesma.
Considérase necesaria esta lei de IA para garantir que a poboación europea poida confiar no que a IA ten pode ofrecer, minimizando riscos, porque, aínda que unha gran parte dos sistemas de IA presentan un risco mínimo ou nulo (por exemplo, videoxogos habilitados para IA ou filtros de spam), e poden contribuír a resolver moitos retos sociais, determinados sistemas de IA crean riscos que debemos abordar para evitar resultados indesexables.
Centrándonos na igualdade de xénero no ámbito laboral, vexamos tanto posibilidades de beneficiarse da I.A. como posibles riscos.
Posibles beneficios
1. En materia de acoso e discriminación.
A IA podería analizar os datos para previr futuros incidentes, identificando patróns ou tendencias de comportamento.
2. Conciliación da vida persoal, familiar e laboral + motivación.
O uso de IA, automatizando tarefas repetitivas sen valor engadido, pero que consomen moito tempo (introdución de datos, seguimento de inventario, xestión de pedidos, programación de entregas…) podería axudar a mellorar o equilibrio entre vida persoal e laboral, xa que, o persoal podería centrarse en tarefas que requiren de habilidades humanas con moito valor engadido (resolución de problemas, creatividade…) e moito máis gratificantes e motivadoras.
3. Melloras na inclusión e a xestión da diversidade + retención de talento.
A IA pode utilizarse para reducir os prexuízos humanos.
As organizacións poderían identificar as candidaturas máis adecuadas para un posto en función das súas habilidades e cualificacións, sen ter en conta elementos que poidan dar pé a discriminacións, creando unha forza de traballo inclusiva, diversa, e, mellorando á vez, a captación e retención do talento que a empresa necesita.
4. Redución de brechas salariais de xénero.
Usando a IA poderían automatizarse os procesos de revisión salarial, utilizando algoritmos, poderían analizar os datos de salario dos seus persoais e identificar discrepancias baseadas no xénero. Desta forma, sería posible garantir o cumprimento do principio de igualdade retributiva.
5. Reducir prexuízos nos procesos de contratación e promoción.
Automatizando estes procesos co uso de algoritmos e ML, as organizacións poden analizar enormes conxuntos de datos de currículos e perfís de candidatos/as, e poden identificar as candidaturas máis cualificadas e idóneas para o posto en función de cualificacións, experiencia, habilidades…e evitar así preferencias ou nesgos persoais dos equipos humanos dos departamentos de selección.
Lee o artigo completo. Descárgao aquí!
Si tes dúbidas ou necesitas asesoramento técnico personalizado, contacta co noso Gabinete Técnico de Igualdade.
[email protected]
981 555 888