CEG

 

10 de decembro. Día dos Dereitos Humanos

10 de decembro. Día dos Dereitos Humanos

En 2023 cómprense 75 anos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH). Tal e como figura na páxina da ONU, un dos compromisos mundiais máis revolucionarios, proclamada o 10 de decembro de 1948 en París pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, para proporcionar un entendemento común e universal do que son os dereitos para calquera persoa. 

Elaborada por representantes de todas as rexións do mundo, con diferentes antecedentes xurídicos e culturais, como un ideal común para todos os pobos e nacións, esta declaración xorde da gran perda de vidas humanas e atrocidades cometidas na II Guerra Mundial, con ánimo de servir de base para a consecución dun mundo construído sobre a paz, a xustiza e a liberdade. 

Os 30 artigos da DHDH inclúen os dereitos básicos que toda persoa debe gozar para ter unha vida digna, e inclúen dereitos civís e políticos e dereitos económicos sociais e culturais; de forma simplificada poderían quedar así: 

1. Todas as persoas nacemos libres e iguais 
2. Non discriminación 
3. O dereito á vida 
4. Ningunha escravitude 
5. Ningunha tortura 
6. Tes dereitos sen importar onde vaias 
7. Todos e todas somos iguais ante a Lei 
8. A lei protexe os teus dereitos humanos 
9. Ningunha detención inxusta 
10. O dereito a un xuízo 
11. Somos sempre inocentes ata que se probe o contrario
12. O dereito á intimidade 
13. Liberdade de movemento 
14. Dereito de buscar un lugar seguro onde vivir 
15. O dereito a unha nacionalidade 
16. Dereito ao matrimonio e a fundar unha familia 
17. O dereito ás túas propias posesións 
18. Liberdade de pensamento 
19. Liberdade de expresión 
20. O dereito para reunirse en público 
21. O dereito á democracia
 22. Dereito  a seguridade social 
23. Os dereitos das persoas traballadoras 
24. O dereito para xogar, descansar e relaxarse 
25. Comida e aloxamento para todos e todas 
26. O dereito á educación
 27. Dereitos de autoría (artística, literaria, ciencia…) 
28. Un mundo xusto e libre 
29. Responsabilidade cara aos/as demais 
30. Ninguén pode arrebatarche os teus dereitos humanos 

Porque as solucións ás crises actuais teñen a súa orixe nos dereitos humanos… Lembremos: 

    É indispensable que os gobernos, as organizacións internacionais, as empresas e a sociedade civil traballemos de forma conxunta para asegurar que estes dereitos son respectados e protexidos en todo o mundo. 
    Progreso non é sinónimo de que a loita polos dereitos e a igualdade finalizase (nin finalice nunca). 
    A promoción e protección dos dereitos humanos é esencial para garantir a dignidade e o benestar de todas as persoas. 

Feliz 10 de decembro!

Descarga e le o artigo completo.

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.