No marco do proxecto BID4TENDERS organizamos en colaboración con INEO (Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia), o primeiro taller práctico para axudarche a acceder ao mercado da contratación pública e aproveitar ao máximo as súas oportunidades de negocio.
Durante a sesión proporcionaremos unha visión xeral do estado actual da contratación pública, incluíndo a normativa clave e os conceptos xurídicos fundamentais. E de maneira introdutoria, explicaremos os pasos esenciais e os documentos necesarios para participar nunha licitación pública.
Ademais, abordaremos estratexias para atopar licitacións adecuadas ao sector TIC e como realizar unha análise de viabilidade antes de participar. Ensinarémosche a usar plataformas dixitais clave para a contratación pública e a seguir oportunidades de licitación.
A asistencia é gratuíta, pero é necesaria a inscrición.
Esperamos contar coa túa presenza para que poidas mellorar os teus coñecementos e habilidades na contratación pública.
Vernes, 21 de xuño de 2024
11:30 a 14:00 horas
Sede da Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia, INEO
Rúa de García Barbón, 104 (Ed, Rúa Vista Alegre, Oficina 10), 36201 Vigo