CEG

 

Taller BID4TENDERS: Contratación Pública para o Sector do Téxtil

Taller BID4TENDERS: Contratación Pública para o Sector do Téxtil

En colaboración con COINTEGA, a CEG organiza un obradoiro práctico como parte do proxecto BID4Tenders, especialmente pensado para o sector téxtil de Galicia.

 

Interésache descubrir como a contratación pública pode abrir novas oportunidades para o teu negocio, optimizando ao máximo os teus recursos?

 

Durante a sesión, proporcionarémosche unha visión xeral da normativa actual e dos conceptos xurídicos esenciais, ademais de guiarte nos pasos e documentos necesarios para participar en licitacións públicas.

 

Exploraremos estratexias para atopar licitacións adecuadas ao teu sector e como realizar unha análise de viabilidade antes de participar. Tamén che ensinaremos a utilizar plataformas dixitais clave para seguir e aproveitar oportunidades de licitación.

 

A asistencia é gratuíta, pero é necesaria a inscrición.

 

Agardamos contar coa túa presenza para que poidas mellorar os teus coñecementos e habilidades na contratación pública.

Data

Vernes, 25 de outubro de 2024

Hora

11:30 a 14:00 horas

Lugar

Sede da Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP)
Rúa de García Barbón, 104 - 36201 Vigo

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
Colabora
COINTEGA- Cluster Textil Moda
Confederación Empresarial de Pontevedra
Inscrición

Modalidade: Mixta
En caso de querer asistir de forma telemática (vía Teams), por favor, indíqueo no campo "Asunto" do formulario de inscrición.

Formulario
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.