CEG

 

ROADSHOW BID4TENDERS - OURENSE

ROADSHOW BID4TENDERS - OURENSE

Na Confederación de Empresarios de Galicia iniciamos un ciclo de presentacións do proxecto BID4Tenders, desenvolto en colaboración con AEP, CEVAL, IAPMEI e IGAPE, cuxo obxectivo é apoiar ás pemes para aproveitar ao máximo as oportunidades de negocio que lles ofrece a contratación pública.

O actual panorama na contratación pública española vén caracterizado por un crecemento do 57% no valor dos contratos públicos no últimos cinco anos, alcanzando máis de 28.000 millóns de euros, o que contrasta coa diminución na participación de empresas en licitacións de catro ofertas por contrato en 2021 a tres en 2023, e o aumento de licitacións desertas ao 9%. Esta situación revela a necesidade de superar obstáculos, eliminar mitos e aproveitar un nicho de mercado accesible ás pemes.

As accións da CEG no marco do proxecto estarán dirixidas a identificar os desafíos aos que se enfrontan as empresas, implementar programas de apoio e capacitación deseñados para simplificar o acceso á información, mellorar a comprensión dos procesos de licitación e aumentar as oportunidades de éxito no ámbito da contratación pública. Para iso contaremos coa colaboración da Confederación Empresarial de Ourense, que acollerá na súa sede o primeiro Roadshow o próximo 29 de maio.

Data

Mércores, 29 de maio de 2024

Hora

10:30 a 13:00 horas

Lugar

Sede da Confederación Empresarial de Ourense
Praza das Damas, 1, 32005 (Ourense)

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
Colabora
Confederación Empresarial de Ourense
Formulario
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.