CEG

 

ROADSHOW BID4TENDERS - A CORUÑA

ROADSHOW BID4TENDERS - A CORUÑA

Desde a Confederación de Empresarios de Galicia, continuando co ciclo de presentacións do proxecto BID4Tenders, desenvolto en colaboración con AEP, CEVAL, IAPMEI e IGAPE, cuxo obxectivo é apoiar ás pemes para aproveitar ao máximo as oportunidades de negocio que lles ofrece a contratación pública.

Lembrando que o actual panorama na contratación pública española vén caracterizado por un crecemento do 57% no valor dos contratos públicos no últimos cinco anos, alcanzando máis de 28.000 millóns de euros, o que contrasta coa diminución na participación de empresas en licitacións de catro ofertas por contrato en 2021 a tres en 2023, e o aumento de licitacións desertas ao 9%. Esta situación revela a necesidade de superar obstáculos, eliminar mitos e aproveitar un nicho de mercado accesible ás pemes.

As accións da CEG no marco do proxecto estarán dirixidas a identificar os desafíos aos que se enfrontan as empresas, implementar programas de apoio e capacitación deseñados para simplificar o acceso á información, mellorar a comprensión dos procesos de licitación e aumentar as oportunidades de éxito no ámbito da contratación pública. Para iso contaremos coa colaboración da Confederación de Empresarios de La Coruña, que acollerá na súa sede o segundo Roadshow o próximo 14 de xuño.

Data

Venres, 14 de xuño de 2024

Hora

10:30 a 13:00 horas

Lugar

Sede da Confederación de Empresarios de La Coruña
Praza Luis Seoane Torre 1 Entreplanta 15008, (A Coruña)

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
Colabora
Confederación de Empresarios de La Coruña
Formulario
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.