CEG

 

Panel de Pemes sobre microplásticos

Panel de Pemes sobre microplásticos

A Comisión Europea desexa coñecer e consultar a opinión da PEME sobre unha posible nova normativa europea sobre microplásticos. Esta obrigaría a todas as empresas que producen, manipulan, procesan, transportan e almacenan pellets de plástico na Unión Europea a adoptar boas prácticas para previr, conter e reducir as verteduras e as perdas de pellets de plástico no medio ambiente (chan, auga, aire).

Este cuestionario pretende comprender mellor o posible impacto desta nova lexislación europea nas empresas, especialmente nas microempresas e pequenas empresas.

A Confederación de Empresarios de Galicia, como membro da Enterprise Europe Network -EEN, quere colaborar e axudar a recopilar respostas das empresas sobre este cuestionario. Non lle levará máis de 5-10 minutos cumplimentalo. O prazo finaliza o 21 de febreiro.

w Enlace ao cuestionario: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/Panel_Microplasticos

 

Data

Ata o 21 de febreiro de 2023

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
EEN-GalacteaPlus
Enterprise Europe Network
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.