A Confederación de Empresarios de Galicia como membro da Enterprise Europe Network colabora na organización do evento empresarial WindEnergyMatch en 2022 que se desenvolverá no marco da feira internacional WindEnergy Hamburg e a H2Expo & Conference.
O evento WindEnergyMatch en 2022 ten como obxectivo promover celebración de reunións de negocios entre os distintos actores da industria eólica.
As reunións empresariais B2B terán lugar os días 28 e 29 de setembro, de forma presencial na Matchmaking área que se atopa no Hall B5.
Por que participar?
As empresas participantes terán a oportunidade de reunirse bilateralmente en reunións preestablecidas de 30 minutos para:
- Explorar oportunidades de negocio e/o entrar en novos mercados.
- Identificar socios potenciais para proxectos de I+D e transferencia de tecnoloxía.
- Intercambiar mellores prácticas e coñecementos sobre prácticas, materiais e estratexias innovadoras.
- A posibilidade de rexistro estará aberta ata o 28 de setembro e antes do encontro cada empresa recibirá a súa axenda de reunións.
Para quen?
Para visitantes e expositores, empresas, institucións de investigación que buscan socios comerciais e de proxectos internacionais no ámbito da enerxía eólica e o hidróxeno verde.
Como participar?
- É necesario Rexistrarse na plataforma https://windenergymatch-2022.b2match.io/. A participación para expositores é gratuíta.
- Publicar un perfil con información sobre a súa empresa e a súa intención de colaboración
- Explorar a lista de participantes e solicitar reunións coas empresas de interese
Desde a CEG facilitaremos todo o apoio posible para a súa participación, tanto para a revisión dos perfís, recomendación de reunións en función do interese de cada empresa, envío das axendas ou calquera outra consulta que se poida expor.
Informar tamén que a plataforma conta cunha app "b2match" para IOS/Android, que permite o acceso á axenda de reunións, información sobre as reunións e sobre calquera cambio de última hora (aceptacións, cancelacións,…)
Rexistro antes do 28 de setembro de 2022