CEG

 

Encontro empresarial B2B@iTechStyle

B2B@iTechStyle

 

A Confederación de Empresarios de Galicia como membro da Enterprise Europe Network colabora na organización do encontro empresaria B2B@iTechStyle Summit 2022, que se desenvolverá no marco da International Conference on Textils and Clothing iTechStyle Summit 2022, organizado pola Associação Empresarial de Portugal en colaboración co Clúster Téxtil de Portugal  CITEVE.

 

O evento B2B@iTechStyle ten como obxectivo promover a celebración de reunións de negocios entre os distintos actores do sector téxtil de toda Europa.

 

As reunións empresariais B2B terán lugar o día 26 de maio e organízanse en formato híbrido, polo que as empresas poden manter as reunións en liña ou presenciais.

 

Por que participar?

As empresas participantes terán a oportunidade de reunirse bilateralmente en reunións preestablecidas de 30 minutos para:

  • Explorar oportunidades de negocio e/ou entrar en novos mercados.
  • Obter máis información sobre o mercado da moda tanto en Portugal como no estranxeiro.
  • Identificar socios potenciais para proxectos de I+D e transferencia de tecnoloxía.
  • Intercambiar mellores prácticas e coñecementos sobre prácticas, materiais e estratexias innovadoras.

Para quen? 

Para todos os actores da industria da moda, o deseño e os téxtiles que desexen explorar, aprender, compartir e establecer contactos con innovadores da industria, provedores de tecnoloxía, investigadores, grupos e outros actores do sector téxtil e da confección de toda Europa.

Como participar?

  • É necesario Rexistrarse na plataforma  B2B iTechstyle Summit 2022  (é gratuíto)
  • Publicar un perfil con información sobre a súa empresa e a súa intención de colaboración
  • Explorar a lista de participantes e solicitar reunións coas empresas de interese 

Asistencia e información ás empresas:

Ana Vázquez e Laura Otero

Tel. 981555888

Email: [email protected]

Para máis información sobre a International Conference on Textils and Clothing consulte neste enlace

 

Data

Rexistro antes do 26 de Maio de 2022

Organiza
AEP - Associação Empresarial de Portugal, Câmara de Comércio e Indústria
Confederación de Empresarios de Galicia
Enterprise Europe Network
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.