CEG

 

CEG | PRESENTACIÓN CURSO | Escuela Gallega de Consejeros (ESGACO) en col. con la CEG - 25/02/2025

ESGACO

O vindeiro martes 25 de febreiro, presentaremos na Confederación de Empresarios de Galicia unha nova edición do curso de Consejeros de la Empresa Familiar da Escuela Gallega de Consejeros (ESGACO), creada polo Club Financiero de Santiago. 

A iniciativa busca fomentar a formación dos conselleiros/administradores da Empresa Familiar Galega, para que sexan coñecedores das responsabilidades que asumen, da problemática da sucesión na empresa familiar, así como outros aspectos como o financiamento, a internacionalización, os recursos humanos ou a dixitalización. A segunda edición realizarase en Santiago entre os meses de marzo a maio de 2025. Co obxectivo de informar do mesmo convócase unha sesión introdutoria ao curso con profesionais do despacho Garrigues que terá lugar o martes 25 de febreiro das 18:00 ás 19:00 na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Esta sesión é gratuíta e, se desexa asistir é preciso confirmar a súa participación no correo electrónico: [email protected]

Data

Martes, 25 de febreiro de 2025

Hora

18:00 a 19:00

Lugar

Sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
Rúa do Vilar, 54. Santiago de Compostela.

Inscrición

Esta sesión é gratuíta e, se desexa asistir é preciso confirmar a súa participación no correo electrónico: [email protected]

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.