CEG

 

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia nomea á Confederación de Empresarios de Galicia socio de honor 2024

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia nomea á Confederación de Empresarios de Galicia socio de honor 2024
O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia nomea á Confederación de Empresarios de Galicia socio de honor 2024

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia nomea á Confederación de Empresarios de Galicia socio de honor 2024 polo labor desempeñado pola entidade na defensa e representación dos intereses xerais do empresariado, así como pola posta en valor do tecido empresarial galego como motor económico, destacando a importancia de todos os sector produtivos na mellora da competitividade e da riqueza de Galicia.

Este recoñecemento, recollido pola vicepresidenta da CEG e presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Novoa, é importante, pois a razón de ser da CEG é a de aglutinar aos empresarios a través das súas asociacións, conformar a postura e defendela ante as diferentes administracións e interlocutores sociais no marco da participación institucional e do diálogo social.

Por iso o recoñecemento ou identificación do noso traballo por parte de entidades integradas por empresas, ten un valor especial. Dende a CEG seguiremos traballando a prol do desenvolvemento empresarial e especialmente industrial de Galicia. Nese desenvolvemento o sector da madeira en senso amplo debe xogar un papel relevante.

As nosas confederacións provinciais teñen integradas na actualidade as organizacións sectoriais da madeira, e deste xeito coñecemos de primeira man as necesidades do sector. O noso traballo desenvólvese dun xeito coordinado no que a información flúe de abaixo a enriba.

Os empresarios trasladan por diferentes vías a súa realidade, as súas necesidades e nós temos a responsabilidade de coñecelas e adoptar medidas para que sexan atendidas.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.