CEG

 

O Club Financeiro de Santiago e a CEG asinan un convenio de colaboración orientado a apoiar e mellorar a xestión empresarial

 O Club Financeiro de Santiago e a CEG asinan un convenio de colaboración orientado a apoiar e mellorar a xestión empresarial
 O Club Financeiro de Santiago e a CEG asinan un convenio de colaboración orientado a apoiar e mellorar a xestión empresarial
 O Club Financeiro de Santiago e a CEG asinan un convenio de colaboración orientado a apoiar e mellorar a xestión empresarial
 O Club Financeiro de Santiago e a CEG asinan un convenio de colaboración orientado a apoiar e mellorar a xestión empresarial

O Club Financeiro de Santiago (CFS) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) asinaron un convenio de colaboración anual.

O obxecto do acordo está orientado fundamentalmente ao deseño de accións para o apoio e mellora na xestión empresarial e o emprendimiento, así como na participación en reunións, conferencias e debates de interese empresarial e a difusión entre os asociados de ambas as entidades.

A primeira das actividades asociadas ao mesmo, foi a presentación dunha nova edición do curso da Escola Galega de Conselleiros (ESGACO), para fomentar a formación dos conselleiros/administradores da empresa familiar galega, para que sexan coñecedores das responsabilidades que asumen, da problemática da sucesión na empresa familiar, así como outros aspectos como o financiamento, a internacionalización, os recursos humanos ou a dixitalización.

O presidente da CEG destacou a frutífera relación existente entre ambas as entidades. Durante a presentación do curso, Juan Manuel Vieites, asegurou que "dende a CEG xa salientamos en múltiples ocasións, que o bo goberno empresarial non é só un requisito formal ou un marco ético desexable, senón unha vantaxe competitiva real e é máis, atreveríame a dicir que é unha condición ou requisito para a competitividade. As empresas familiares ou pemes constitúen a gran maioría do tecido empresarial de Galicia. Por iso, un bo goberno corporativo nestas empresas non só mellora a eficiencia interna, senón que tamén reforza a súa capacidade para atraer investimento, asegurar a súa continuidade xeracional e adaptarse ás demandas crecentes en materia de sustentabilidade e cumprimento normativo".

Vieites concluíu que "abordar e optimizar o goberno corporativo, non é unha opción, senón unha necesidade esencial para as nosas empresas". Subliñando a importancia desta, e as vindeiras edicións do curso de Conselleiros da Empresa Familiar da Escola Galega de Conselleiros repita moitas máis edicións.

O presidente dos CFS destaca "o orgullo de poder colaborar de maneira estreita cunha entidade de referencia para o empresariado galego como a CEG, dirixida impecablemente polo seu presidente Juan Manuel Vieites".

En relación á ESGACO, Roberto Pereira asegura que "a nosa intención é que esta formación sexa unha ferramenta útil para as empresas, de maneira especial para a empresa familiar, aquela que é central na economía galega e fundamental para o noso desenvolvemento económico. A continuidade da ESGACO -continúa- demostra o interese dunha formación deseñada pensando nos actuais e futuros conselleiros e administradores das empresas familiares".

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.