A Confederación de Empresarios de Galicia celebra a convalidación da Real Decreto Lei 32/2021 de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, respectando desta forma o acordo alcanzado nun exercicio de responsabilidade no marco do Diálogo Social, froito do traballo levado a cabo durante nove meses entre as partes.
A CEG considera que se trata dun acordo que dá estabilidade ao país no tempo, garante a paz social, consolida o esencial da reforma laboral de 2012 e traballa por reducir a temporalidade no noso país como pide a Unión Europea. Trátase dunha norma que achega certezas de fronte ao exterior e favorece a confianza no país.