CEG

 

A CEG reclama ao Executivo a maior celeridade posible na adopción de medidas que permitan restablecer con todas as garantías de seguridade a circulación no viaducto da A-6

Derrubamento de viaducto

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) reclama ao Executivo a maior celeridade posible na adopción de medidas que permitan restablecer con total seguridade a circulación no viaduto da A-6 pechado ao tráfico tras o derrube o pasado día 7 de xuño dun tramo de 50 metros na ponte paralela, que une as provincias de Lugo con León, e tendo en conta que a demora no restablecemento da circulación nesta zona compromete a viabilidade do tecido produtivo galego, xa fortemente impactado pola pandemia, así como pola crise derivada da invasión a Ucraína e o contexto económico actual.

Ao tratarse da principal infraestrutura que conecta por estrada Galicia coa Meseta, e #ante a falta de vías de comunicación alternativas, a A-6 é vital para a circulación de persoas e mercadorías, tanto para Lugo en particular como para Galicia en xeral, así é que a patronal galega considera que debe levar a cabo ademais un traballo de revisión que garanta o bo estado das principais infraestruturas ao longo do trazado.

A organización empresarial galega móstrase enormemente preocupada pola situación que están a sufrir os empresarios galegos derivada do derrube e que, unha vez máis, compromete seriamente a actividade empresarial, especialmente en sectores tan vitais como o loxístico ou o de enerxías renovables. Neste sentido, solicita tamén ao Goberno información precisa sobre a situación real da infraestrutura danada, posibles solucións e un cronograma de actuacións a desenvolver.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.