CEG

 

Convenios

COMPLIANCE 2022-2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia para realizar accións formativas e de difusión en materia de "compliance", como apoio á mellora da competitividade actual e futura das pequenas e medianas empresas radicadas en Galicia.

GEM 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Universidade de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios de Galicia, para a realización e execución dos traballos do Proxecto GEM en España a nivel rexional, concretamente en Galicia, durante ou ano 2022.

DIÁLOGO SOCIAL 2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, UXT-Galicia, S.N. de CC.OO. de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia para o impulso do proceso, seguimento dos acordos asinados e desenvolvemento das medidas acordadas no Diálogo Social en Galicia.

Diálogo Social 2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e as organizacións sindicais e empresarial participantes no diálogo social en Galicia para o impulso do proceso e o desenvolvemento e seguimento dos acordos asinados, para o exercicio 2021.

Diálogo Social 2020

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e as organizacións sindicais e empresarial participantes no diálogo social en Galicia para o impulso do proceso e o desenvolvemento e seguimento dos acordos asinados, para o exercicio 2020.

EURES-T 2020-2021

Acordo para a transferencia de orzamento para a realización de actividades relativas ao EURES Transfronterizo Norte Portugal-Galicia durante os anos 2020-2021.

Igualdade 2019-2020

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e as organizacións sindicais e empresarial participantes no Diálogo Social de Galicia (CEG, UGT-GALICIA, S.N. de CC.OO. de Galicia) en materia de igualdade laboral e fenda salarial para os exercicios 2019-2020.

EURES-T 2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal durante o ano 2019.

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.