CEG

 

Servizo de Licitacións Internacionais SALT

A Confederación de Empresarios de Galicia en convenio co Instituto Galego de Promoción Económica pon ao dispor do tecido produtivo galego o Centro de Seguimento de Licitacións Internacionais, que ofrece os seguintes servizos:

  • Información e promoción da participación das empresas de Galicia en licitacións internacionais.
  • Busca de licitacións de Organismos Multilaterais: para iso contamos cunha ferramenta que permite ás empresas acceder a información cualitativa sobre concursos públicos de carácter internacional.
  • Alertas personalizadas, sobre procesos de licitación e procura, de sectores e produtos, segundo as principais clasificacións internacionais. 
  • Información sobre o procedemento de cada licitación e acceso á documentación necesaria para participar: análise da documentación estratéxica existente nos diferentes organismos licitadores.
  • Noticias e reportaxes relacionados coas licitacións como parte da estratexia de internacionalización das empresas.

Pode acceder ao portal do Servizo de Licitacións Internacionais SALT a través desta ligazón.

Co financiamento de:
Xunta de Galicia   IGAPE

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.