CEG

 

Asesoramento e información

Cada un dos departamentos da Confederación de Empresarios de Galicia ofrece un servizo especializado de información e asesoramento tanto interno como externo sobre un amplo abanico de materias.

En especial, a CEG presta asesoramento para a posta en marcha de calquera iniciativa empresarial; cobre as necesidades de asesoramento en negociación colectiva das súas organizacións; informa e orienta en materia de axudas e financiamento empresarial, proxectos europeos, políticas da Unión Europea e mobilidade transfronteiriza de traballadores e empresas; e cobre a xestión de toda demanda de consulta de carácter xurídico-legal.

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.