CEG

 

A prevención, a mellor ferramenta de traballo

A CEG participa, como organización empresarial máis representativa, nos órganos e entes con competencia en Prevención de Riscos Laborais na comunidade autónoma galega:

En colaboración coas Confederacións provinciais, a CEG desenvolve actuacións neste ámbito mediante a execución de accións de formación e información en materia de PRL, dirixidas a todas as persoas interesadas ao abrigo da Orde de axudas destinadas ás accións de fomento da Prevención de Riscos Laborais de carácter anual.

Por outra banda, co ánimo de colaborar na promoción dunha cultura preventiva no ámbito dos riscos laborais, a CEG pon a disposición dos empresarios e de todas as persoas interesadas diferentes ferramentas e estudos no ámbito preventivo.

E é que a mellora das condicións de traballo, así como a protección da seguridade e a saúde dos traballadores supón unha tarefa de primeira orde para as empresas.

Ano 2019

Estudos realizados pola Confederación de Empresarios de Galicia no marco da “Orde de 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2019”:

  • ANÁLISE DO NIVEL DE XESTIÓN DO ESTRÉS LABORAL E OUTROS RISCOS PSICOSOCIAIS NAS EMPRESAS DO SECTOR SERVIZOS (Pinchar aquí para ver)
     
  • AVALIACIÓN DA INCLUSIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO EN TODOS OS ASPECTOS DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR SERVIZOS (Pinchar aquí para ver)
ANO 2018

Dentro das accións levadas a cabo pola CEG, en colaboración coas confederacións provinciais - CEC, CEL, CEO e CEP -, baixo o financiamento da Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales (F.S.P.), atópanse:

  • "IMPULSA PRL: PROGRAMA DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO TÉCNICO PARA PYMES", executado pola Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC).
  • "PREVENCIÓN PLUS: ASISTENCIA, INFORMACIÓN E PROMOCIÓN", executado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).
  • "PREVENCEO", executado pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO).
  • "PROGRAMA DE ASESORAMENTO, DIFUSIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS", executado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).
ANO 2017

Estudo realizado pola Confederación de Empresarios de Galicia no marco da “Orde do 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención dos riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2017”:

Guía realizada pola Confederación de Empresarios de Galicia no marco da “Orde do 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2017”:                  

ANO 2016

Estudos realizados pola Confederación de Empresarios de Galicia no marco da “Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á acción do fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2016”:

  • REPERCUSIÓN NO SECTOR INDUSTRIAL DO ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN TRABALLADORA NA XESTIÓN DA PRL: IMPULSO DO ENVELLECEMENTO ACTIVO E OUTRAS MEDIDAS PREVENTIVAS. (Pinchar aquí)
  • ESTUDO DE BENCHMARKING PARA A PREVENCIÓN DO CONSUMO ABUSIVO DE DROGAS E BEBIDAS ALCOHÓLICAS NO ÁMBITO LABORAL: ESTRATEXIAS E FERRAMENTAS DE ACTUACIÓN. (Pinchar aquí)

Asemade, a CEG é solicitante de proxectos nas convocatorias de acción transversais da F.S.P. 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.