CEG

 

Sección: Cousiñas sobre o Plan de Igualdade. Capítulo 3. Cómputo das persoas traballadoras.

Sección: Cousiñas sobre o Plan de Igualdade  Capítulo 3. Cómputo das persoas traballadoras

Sección: Cousiñas sobre o Plan de Igualdade

Capítulo 3. Cómputo das persoas traballadoras

 

Dicíamos no capítulo 2 que é bastante coñecido que as empresas con 50 ou mais persoas traballadoras teñen a obriga de elaborar e implantar un Plan de Igualdade (PI).

A cuestión é, a estes efectos, cando entende a normativa que se chega a esa cifra. Porque non é contando persoas físicas ata que sumen 50.

O cómputo deberá facerse, como mínimo 2 veces ao ano (o último día de xuño e decembro). Importante lembrar e/ou aclarar que a unidade de referencia NON é o centro de traballo, É a empresa.

Sobre a totalidade das persoas traballadoras da empresa, independentemente do tipo de contrato laboral entre as partes. 

Inclúe:

    Contratos fixos (independentemente da % da xornada)
    Contratos descontinuos (independentemente do tempo que traballe ao ano)
    Contratos de posta a disposición (cesión de persoas por E.T.T.)
    Contratos de duración determinada en vigor
   Contratos de duración determinada (calquera modalidade) xa extinguidos no momento en que se fai o cómputo, pero que estiveron vixentes durante os seis meses anteriores. Neste caso, cada 100 días traballados ou fracción, computarase como unha persoa máis.

En datas próximas, o capítulo 4 desta sección: Vixencia do Plan.

Se tes outras dúbidas, queres saber mais, ou precisas asesoramento técnico personalizado, contacta co noso Gabinete técnico de Igualdade. 

igualdade@ceg.es
981 555 888

 

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.