As organizacións non poden ignorar, dentro da súa política de persoal, a falta de respecto, as ameazas, o feito de fustrigar, o acoso moral, sexual, por razón de sexo etc. Calquera persoa pode ser vítima deste tipo de conduta no ámbito laboral.
Para evitar que se produzan este tipo de situacións, todas as empresas, ademais de contar cun Protocolo fronte ao acoso, deben traballar nunha política de prevención na que se recollan os valores relacionados co respecto aos/ás demais e a igualdade de oportunidades, e difundila entre todo o seu persoal.
Imos apuntar un decálogo de prevención do acoso nos centros de traballo:
1. Confidencialidade
2. Discreción na reprensión
3. Inclusión
4. Indemnidade fronte ás represalias
5. Promoción dun entorno laboral respectuoso
6. Responsabilidade e rol das persoas que dirixen ou coordinan equipos de traballo
7. Sensibilización e comunicación
8. Tolerancia cero cos comportamentos inadecuados
9. Transversalidade
10.Equidade
Le todo o artigo e a descripción de cada apartado descargando aquí.