“Tanto monta, monta tanto, Isabel como Fernando”: Todo o mundo sabe que é unha expresión que se utiliza para indicar que unha persoa (ou cousa) é equivalente a outra, que está ao mesmo nivel, na mesma categoría que a súa contraria. En definitiva, que ten o mesmo valor.
Moitas veces empréganse, no ámbito da igualdade, expresións que adoitan parecer correctas como modo de referir que muller e home valen igual, ou "mandan" o mesmo, ou se corresponsabilizan de tarefas e coidados. Pois o sentimos polas persoas que a utilizan desta forma, pero non é correcto!... A expresión orixinal remóntase séculos atrás.