Sección: Cousiñas sobre o Plan de Igualdade
Capítulo 2. Obrigatoriedade
É bastante coñecido que as empresas con 50 ou mais persoas traballadoras no seu cadro de persoal está obrigada a contar cun Plan de Igualdade (PI).
O que moita xente non sabe é que non é a única casuística de obrigatoriedade, que existen outras dúas:
• Cando, nun procedemento sancionador, a autoridade laboral acorde a substitución das sancións pola elaboración e aplicación dun Pl, nos termos fixados na correspondente resolución.
• Cando así o dispoña o Convenio Colectivo de aplicación na Empresa.
Para completar esta información, apuntar que, nas empresas nas que non existe a obriga de negociar un PI, tamén teñen algo que facer, tal e como se recolle na Lei Orgánica 3/2007 de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, concretamente, no artigo 45.1:
As empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso acordar, cos representantes legais dos traballadores na forma que se determine na lexislación laboral.
En datas próximas, o capítulo 3 desta Sección: Cómputo das (50) persoas traballadoras.
Se tes outras dúbidas, queres saber mais, ou precisas asesoramento técnico personalizado, contacta co noso Gabinete técnico de Igualdade.
[email protected]
981 555 888