CEG

 

O número 49

O número 49

Empresas cun cadro de persoal superior a 49 persoas traballadoras teñen diversas obrigas:

  • Elaborar e implantar un Plan de Igualdade negociado entre empresa e RLPT, o que implica tamén realizar un diagnóstico de situación inicial en materia de igualdade da empresa, unha auditoría retributiva, e un seguimento e avaliación das medidas que se reflectiron no Plan de Igualdade.
  • Dende o 2/03/2023, data de entrada en vigor da Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a Igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das personas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI: Obriga de contar (no prazo de 12 meses a partir da súa entrada en vigor) cun conxunto planificado de medidas e recursos para alcanzar a igualdade real e efectiva destes colectivos, que inclúa un protocolo de actuación para a atención do acoso ou a violencia contra as persoas LGTBI. As devanditas medidas serán pactadas a través da negociación colectiva e acordadas coa RLPT. O contido e alcance desas medidas desenvolveranse regulamentariamente.

Volvamos ao título do artigo:

Relacionado coa igualdade e o número 49 (nº natural que segue ao 48 e precede ao 50), ademais do que xa sinalamos, temos o artigo 49 da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes: 

Artigo 49: “Apoio para a implantación voluntaria de plans de igualdade. Para impulsar a adopción voluntaria de plans de igualdade, o Goberno establecerá medidas de fomento, especialmente dirixidas ás pequenas e as medianas empresas, que incluirán o apoio técnico necesario”. 

Estas subvencións, actualmente, van expresamente dirixidas a empresas e entidades sen ánimo de lucro cun persoal entre 10 e 49 persoas traballadoras.

Movémonos entre “a maxia” do 49 e “a maldición” do 50?

Pois, en materia de igualdade, imos dar a resposta co contido do Real Decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plan de igualdade e o seu rexistro.
En concreto, no seu artigo 3. Cuantificación do número de traballadores na empresa.

Le todo o artigo!

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
Información adicional
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.