O electronic brake assist (EBA) é o freado de emerxencia que, desde xullo de 2022, deben ter instalado de forma obrigatoria todos os vehículos de nova homologación.
E isto, que ten que ver coa Igualdade de oportunidades? Pois que a tecnoloxía EBA é para aplicar en caso de emerxencia. E a inxustiza histórica que presupón á muller inferior ao home, a violencia machista, a desigualdade en todos os ámbitos, tamén se considera unha situación de emerxencia que é necesario atallar e erradicar.
No ámbito laboral tradúcese en que o colectivo feminino está exposto a máis desemprego, máis temporalidade e parcialidade nos contratos, e menores salarios. En resumo, máis precariedade material e vital.
Que “freo de emerxencia” podemos utilizar neste ámbito? Aquel que axude a avanzar na consolidación dos dereitos de todos e todas, nun camiño cuxa meta sexa a consecución da igualdade real.
A nivel educativo e social, actuar desde a infancia, promover o cambio a distintos niveis, para que nenas e nenos deixen de percibir de forma cotiá a desigualdade de xénero: nos medios de comunicación, nos libros de texto, entre as persoas coidadoras, na familia.
No ámbito laboral, a mellor forma é o compromiso das empresas e os cadros de persoal no fomento dunha cultura organizativa de carácter inclusivo, moi aberta e cunha contorna de traballo flexible e un clima laboral motivador, na que todo o mundo ten cabida polos seus méritos e a súa valía, independentemente do xénero, e, onde os valores de equidade sexan un piar fundamental.
Queres ler máis? Descarga o artigo e leo completo!