Tras dez anos desde o inicio da crise económica e social máis importante desde o nacemento da Unión Europea, no verán de 2017 as institucións comunitarias confirmaban o cambio de ciclo e a recuperación que pouco a pouco debe ir tamén restablecendo as importantes feridas que desde 2008 sufriron tanto as empresas coma os traballadores e cidadáns en xeral.
Galicia e Norte de Portugal dan tamén mostras evidentes de recuperación, reducindo o desemprego e cun crecemento económico sostido durante os últimos anos. De todas formas, deben seguir traballando para mellorar a súa competitividade rexional, en canto capacidade de ofrecer unha contorna atractiva e sostible para que os distintos actores económicos se establezan e traballen nela.
Esta realidade, ademais doutras, se recollen neste Boletín.