En xaneiro de 2016, cumpríronse trinta anos anos da Adhesión de España e Portugal á Unión Europea.
A fronteira de Galicia e Norte de Portugal non é obviamente a mesma que hai trinta anos. Os cidadáns e empresas que cruzan o río Miño de Tui a Valença ou que se desprazan de Chaves a Verín, poden facelo por vías de alta capacidade e sen deterse. Poden traballar, estudar ou sinxelamente desfrutar da riqueza cultural ou natural doutro país, dunha forma tan natural, que moitas veces fai obviar o complexo proceso de integración que hai detrás. Ese acervo, que ao longo de tres décadas España e Portugal foron adquirindo e cultivando no seo da UE, debe ser valorado na súa xusta medida, sen prexuizo do camiño que aínda queda por recorrer xuntos.
Así se plasma neste Boletín.
Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Comisión Europea
Dirección Xeral de Emprego
Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades
Data
2016
Formato
Electrónico
Número de páxinas
16
Información adicional