CEG

 

25 de novembro: Día Internacional para eliminar a violencia contra a muller

25 de novembro: Día Internacional para eliminar a violencia contra a muller

Dende o Gabinete de Igualdade queremos sumarnos á celebración desta conmemoración internacional anual para denunciar a violencia que sofren as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas para a súa erradicación en todos os países do noso planeta.

O noso Gabinete Técnico de Igualdade colabora na súa  prevención e eliminación no ámbito laboral, asesorando e prestando apoio técnico ao noso tecido empresarial na implantación e actualización dos seus Protocolos fronte ao acoso.

En concreto, no ano 2023, para a súa adaptación ao contido do Convenio 190 da OIT, ratificado por España, e que entrou en vigor no noso país o pasado 25 maio, e que ten como obxectivo explícito a erradicación da violencia e o acoso “no mundo do traballo”, un termo amplo que abarca situacións e colectivos que van máis aló da relación laboral.

Aproveitamos para recordar, por unha banda, as  novas definicións que contempla o Convenio 190, e, por outra, o artigo 1 da Lei Orgánica española 1/2004 de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

•    Novas definicións de acordo co Convenio 190:

    «Violencia e acoso no mundo do traballo”: conxunto de comportamentos e prácticas inaceptables, ou de ameazas de tales comportamentos e prácticas, xa sexa que se manifesten unha soa vez ou de maneira repetida, que teñan por obxecto, que causen ou sexan susceptibles de causar, un dano físico, psicolóxico, sexual ou económico, e inclúe a violencia e o acoso por razón de xénero. 

    “Violencia e acoso por razón de xénero»: a violencia e o acoso que van dirixidos contra as persoas por razón do seu sexo ou xénero, ou que afectan de maneira desproporcionada a persoas dun sexo ou xénero determinado, e inclúe o acoso sexual.

•    Lei Orgánica 1/2004, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, Artigo 1. Obxecto da Lei. 

1.    A presente Lei ten por obxecto actuar contra a violencia que, como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre estas por parte de quen sexa ou teña sido o seu cónxuxe ou de quen estea ou estivese ligado a ela por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia. 

2.    Por esta lei establécense medidas de protección integral cuxa finalidade é previr, sancionar e erradicar esta violencia e prestar asistencia ás mulleres, aos seus fillos menores e aos menores suxeitos á súa tutela, ou garda e custodia, vítimas desta violencia. 

3.    A violencia de xénero a que se refire a presente Lei comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade. 

4.    A violencia de xénero a que se refire esta Lei tamén comprende a violencia que co obxectivo de causar prexuízo ou dano ás mulleres exérzase sobre os seus familiares ou achegados menores de idade por parte das persoas indicadas no apartado primeiro.


Animamos a todos e a todas a unirse na prevención e erradicación desta violencia.
 

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.