CEG

 

18 de setembro: Día Internacional da Igualdade Salarial

18 de setembro: Día Internacional da Igualdade Salarial

A igualdade salarial entre mulleres e homes é fundamental para alcanzar os obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible (ODS), en concreto o obxectivo 5: “Lograr a igualdade entre os xéneros e apoderar a todas as mulleres e as nenas”, e, especificamente, dúas das metas deste obxectivo 5:

  • Asegurar a participación plena e efectiva das mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis decisorios na vida política, económica e pública. 
  • Aprobar e fortalecer políticas acertadas e leis aplicables para promover a igualdade de xénero e o apoderamento de todas as mulleres e as nenas, a todos os niveis.

Que se entende por igualdade salarial entre mulleres e homes?

Igual remuneración polo desempeño dun traballo de igual valor. 
Considérase o principio para lograr a equidade salarial entre elas e eles. 

Dende cando se conmemora esta data? Dende 2020. 

O 26 de novembro de 2019 a Asemblea Xeral da ONU decidiu aprobar a resolución A/RES/74/3999 do Consello de Dereitos Humanos proposta por 29 países (entre eles España) para que se conmemorase o Día Internacional da Igualdade Salarial. 

Nesta resolución ínstase aos estados para que implanten políticas e leven a cabo accións para garantir a igualdade na remuneración. Todo iso, en colaboración con Nacións Unidas, o sector privado, sindicatos, organizacións empresariais e sociedade civil. 

Resumindo: A igualdade salarial (equidade remunerativa) é un obxectivo necesario para lograr a realización dos dereitos humanos e a igualdade de xénero, requirindo o esforzo de todos e todas para acadala.

Que representa este día? 

Os constantes esforzos por conseguir a igualdade salarial por un traballo de igual valor, e a loita polos dereitos humanos e contra todas as formas de discriminación, incluída a discriminación contra as mulleres e as nenas.

Cales son os obxectivos? 

  1. Lograr o emprego pleno e produtivo.
  2. Garantir un traballo decente para todos os homes e mulleres, incluídos os mozos e as persoas con discapacidade.
  3. A igualdade de remuneración por traballo de igual valor que figura nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en particular no obxectivo 8, meta 5.

Motivos para conmemorar esta data: 

  • Segundo datos de Nacións Unidas, a brecha salarial de xénero a nivel mundial estímase nun 23%.
  • O dato anterior frea de forma importante o avance do apoderamento e a igualdade das mulleres (como xa dixemos, parte dos ODS incluídos na Axenda 2023 por Nacións Unidas). 

Parte da fenda salarial está relacionada coa discriminación por razón de sexo, a conciliación (o colectivo feminino é maioría nos contratos a tempo parcial para poder compatibilizar os coidados de persoas co emprego remunerado), as paredes de cristal (menor presenza de mulleres en determinados sectores, concentrándose en sectores peor remunerados) e o famoso teito de cristal (menor presenza de mulleres en postos de dirección). 

Para rematar, unhas significativas declaracións do secretario xeral de Nacións Unidas, António Manuel de Oliveira Guterres (2020): 

“Debemos preguntarnos por que as mulleres son relegadas a traballos peor remunerados; por que as profesións en que predominan as mulleres, incluídos os traballos no sector da asistencia, teñen salarios máis baixos; por que tantas mulleres traballan a tempo parcial; por que as mulleres ven diminuír os seus salarios coa maternidade, mentres que os homes con fillos a miúdo gozan dun aumento salarial; e por que as mulleres se encontran cun tope infranqueable nas profesións con maiores ingresos”.

Feliz Día da Igualdade Salarial!

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.