Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.
Cap. I: Nunca choveu que non escampara.
Cap. II: Outra vaca no millo.
Cap. III. Nin arre nin xo.
Cap. IV. Malo será.
Cap. V. Estar na horta e non ver as verzas.
Cap. VI. Galiña vella fai bo caldo.
Cap. VII. Tarde piaches!
Cap. VIII. Ser un toxo.
Cap. IX. Chegar e encher.
Cap. X. Marcho que teño que marchar.
Cap. XI. Onde vai!
Se non sodes de Galicia, avisamos, a tradución literal pódevos levar a confusión.
Porque non, non preguntamos a onde se dirixe alguén, non nos referimos a un lugar ou unha localización. Estamos ante unha expresión temporal.
O significado ven dicir que xa hai moito tempo dun feito (en castelán sería un equivalente a “ha llovido mucho desde entonces” , pero máis bonitiño e máis curto).
E, como é o noso costume, trasladámonos ao mercado de traballo, para facer unha reflexión:
Cando nos pregunten como están as nosas organización en materia de igualdade, estamos desexando poder responder:
Acadar a igualdade?
Onde vai!
Compartides o noso desexo?
Necesitades asesoramento ou apoio técnico?
igualdade@ceg.es
981 555 888