Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.
Capítulo I: Nunca choveu que non escampara.
Capítulo II: Outra vaca no millo.
Capítulo III. Nin arre nin xo.
Capítulo IV. Malo será.
A “raíña” das expresión coloquiais galegas. Probablemente a mais coñecida fora das fronteiras da nosa Comunidade. E que vale para todo, adáptase a calquera situación. Ímolo ver con distintos exemplos:
• Fixemos mal un exame? Malo será (que non aprobemos).
• Non nos deron un proxecto? Malo será (que para a próxima non o gañemos).
• Fomos a unha proba médica? Malo será (que non sexa bo o resultado).
• Queremos que o noso veciño cambie de casa? Malo será (que non acabe marchando).
• Estás coa gripe? Malo será (que non mellores axiña).
Para que logo digan que os de Galicia somos persoas pesimistas e negativas.
“Malo Será” é pura esperanza e optimismo, busca sempre o lado positivo das cousas.
Porque realmente o que ven significar e que, a pesares das adversidades, do mal dadas que poidan vir en calquera momento da vida, sempre haberá ventás polas que mirar, tempos mellores e soños por se cumprir.
Non é para namorarse desta expresión máxica que naceu entre carballos e orballo?
Por iso...malo será que non cheguemos a acadar a igualdade real na nosa sociedade (aínda que quede moito camiño por percorrer).
Se precisas apoio ou apoio técnico, podes contactar co no noso Gabinete de Igualdade da CEG:
[email protected]
981 555 888