A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), co obxectivo de seguir apoiando ás pemes no acceso á contratación pública na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal continúa en 2025 co ciclo de presentacións do proxecto BID4Tenders.
Neste primeiro Roadshow do ano, abordaremos en colaboración con en colaboración con AEP, CEVAL, IAPMEI e IGAPE, socios do proxecto, estratexias e vantaxes para acceder a contratos públicos, así como os principais desafíos do sector, como a diminución de participantes en licitacións e o aumento de contratos desertos. Tamén presentaremos o plan de actividades 2025, con iniciativas de formación, asesoramento e ferramentas prácticas para facilitar a participación en procesos de licitación.
Ademais, contaremos co testemuño dunha empresa que obtivo resultados exitosos grazas ao proxecto BID4Tenders, compartindo a súa experiencia e claves para mellorar a competitividade na contratación pública.
O evento contará coa colaboración especial da Xunta Consultiva de Contratación de Galicia, ofrecendo ás empresas información de primeira man sobre o proceso de licitación pública en Galicia e as súas novidades.
Se a túa empresa busca expandirse a través da contratación pública, este evento é clave para ti. Non perdas a oportunidade de mellorar o teu coñecemento e estratexias neste ámbito en crecemento.
Mércores, 26 de febreiro de 2025
10:00 a 12:45 horas
Sede da Confederación de Empresarios de Galicia
Rúa do Vilar, 54 - 15705 Santiago de Compostela