CEG

 

Pílula online sobre “O sistema de compras de Nacións Unidas: Un mercado de oportunidades para as empresas galegas”

Pílula online sobre “O sistema de compras de Nacións Unidas: Un mercado de oportunidades para as empresas galegas”

Organización de pílula informativa: O sistema de compras de Nacións Unidas: Un mercado de oportunidades para as empresas galegas.
•    Moderador: Servizo de Licitacións Internacionais SALT – CEG 
•    Relatora: Irene Otero - Craftium

Data

Martes 11 de xullo

Hora

11:00 horas. Duración aproximada 60 min + Q&A

Lugar

Modalidade: Virtual – Teams

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
Objetivo

O obxectivo desta pílula informativa é achegar ás empresas galegas ás oportunidades de negocio que o sistema de compras de Nacións Unidas ofrece a nivel mundial.

A relatora compartirá a súa experiencia profesional en materia de oportunidades de negocio á que as empresas galegas de diversos sectores poderán acceder posteriormente.

Ao final da presentación abrirase un tempo de preguntas e respostas para que as empresas poidan compartir as súas inquietudes e compartiranse con elas os materiais expostos durante o transcurso da pílula.

 

 

Inscrición

Pode rexistrarse previamente na nosa web: https://salt.ceg.es/es/

Programa

Puntos crave da pílula:
•    O sistema de compras de Nacións Unidas
•    A Oficina das Nacións Unidas de Servizos para Proxectos
•    Información para provedores potenciais das Organizacións do Sistema das Nacións Unidas
•    Tipos de equipos, bens e servizos adquiridos
•    Puntos crave
•    Produtos e servizos españois con maior demanda
•    Recomendacións

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.