CEG

 

Panel de empresas Revisión Lexislación MRV e MFR

Panel de empresas Revisión Lexislación MRV e MFR

Os materiais de reprodución vexetal (MRV) son as plantas ou as súas partes, que poden utilizarse para obter plantas completas destinadas a fins como a alimentación, o uso industrial, a silvicultura ou a decoración (ornamental). Entre os MRV inclúense as sementes, os plantóns e as pugas. A lexislación da UE regula a produción e comercialización dos MRV. Os principais elementos da lexislación son: 1) o rexistro de variedades, e 2) a certificación ou inspección dos MRV antes da súa comercialización.

 

Os materiais forestais de reprodución (MFR) son un tipo particular de MRV para a creación de novos bosques e a reforestación dos existentes.

 

A Comisión está a revisar a lexislación sobre a comercialización dos MRV e os MFR, e quere determinar os efectos (custos e beneficios) para as pemes da UE destes cambios. A Confederación de Empresarios de Galicia, como membro da Enterprise Europe Network -EEN GalacteaPlus, quere colaborar e axudar a recompilar respostas das empresas galegas sobre esta revisión lexislativa a través do seguinte cuestionario. Non lle levará máis de 5-10 minutos cumprimentalo. O prazo finaliza o 8 de xullo.

 

Aquí ofrécese un resumo da lexislación da UE sometida a revisión.

 

Só se publicarán os resultados agregados, sen referencia a empresas individuais. A información proporcionada tratarase de maneira confidencial.

 

Agradecémoslle de antemán a súa contribución.

Data

Ata o 8 de xullo de 2022

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
Enterprise Europe Network
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.