A Confederación de Empresarios de Galicia, como membro da Enterprise Europe Network, colabora coa Comisión Europea para coñecer a opinión das empresas sobre a "Modernizar o Dereito de sociedades no ámbito dixital" a través deste novo panel posto en marcha que está dirixido ás pemes, que xa teñen ou planean ter experiencias transfronteirizas.
A Comisión Europea está a reflexionar actualmente sobre posibles formas de:
· Mellorar o acceso a nivel da UE á información sobre empresas dos rexistros mercantís nacionais.
· Facilitar a expansión nos mercados doutros Estados membros e reducir a carga administrativa facendo posible que as empresas utilicen directamente (sen trámites adicionais) a información sobre empresas dos seus rexistros mercantís nacionais cando, por exemplo, crean filiais ou sucursais ou negocian. con autoridades ou tribunais doutros Estados membros.
· Seguir dixitalizando os procedementos de dereito de sociedades existentes na UE.
As empresas, e en particular as pequenas e medianas empresas, son un dos principais interesados nesta iniciativa. Por iso é importante que os servizos da Comisión recompilen información sobre as súas necesidades e sobre os obstáculos que atopan nos ámbitos obxecto desta iniciativa. As preguntas céntranse en situacións nas que as pemes:
· Buscan información sobre socios comerciais noutro Estado membro,
· queren abrir unha sucursal ou unha filial noutro Estado membro ou
· precisan facilitar información sobre a súa empresa ás autoridades administrativas ou aos tribunais doutro Estado membro.
Se desexa participar, é sinxelo, só lle levará uns 5-10 minutos, para iso debe cumplimentar o cuestionario, antes do 1 de xuño.
· Ligazón ao cuestionario: EUSurvey - Encuesta (europa.eu)
Pode atopar máis información sobre a iniciativa "Upgrading digital company law" nesta ligazón.
Esta consulta do grupo de expertos das pemes está vinculada aos traballos preparatorios dunha nova iniciativa lexislativa sobre a "Modernizar o Dereito de sociedades no ámbito dixital", que se espera que a Comisión adopte a principios de 2023.
Os “SME Panels” son unha iniciativa posta en marcha pola Comisión Europea co obxectivo de recoller información directamente das empresas sobre determinados aspectos que afectan á súa actividade.
Antes do 1 de xuño de 2022