CEG

 

Encontro do Noroeste - 11/11/2022

Encontro do Noroeste

O venres 11 de novembro, terá lugar no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, o “Encontro do Noroeste” entre as Confederacións Empresariais de Galicia, Asturias e Castela e León, con representantes de entidades públicas e privadas para abordar cuestións de interese mutuo e candente actualidade do norte peninsular.

Entre outros obxectivos este foro de reunión público-privada persegue defender e promover, de maneira conxunta, os intereses das empresas e a mellora da economía dos territorios do Noroeste de España; impulsar o desenvolvemento das infraestruturas de transportes, os servizos loxísticos, e a promoción dunha conectividade multimodal (conexións competitivas); fortalecer, a través destes foros, a solidariedade entre as devanditas Rexións, fomentando a cooperación interregional; elaborar e propoñer aos responsables políticos das súas comunidades os programas susceptibles de desenvolvela e presentar, tras a finalización do encontro, a DECLARACIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Este encontro contará coa intervención da secretaria de Estado de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Dna. Isabel Pardo de Beira, así como a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Dna. Ethel Váquez Mourelle.

Data

11 de novembro de 2022

Hora

9:30h a 13:00h

Lugar

Hotel Monumento San Francisco. Campillo de San Francisco, 3. Santiago de Compostela.

Formulario
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.