CEG

 

Encontro de Empresas Galicia - Norte Portugal - 30/10/2019

Encontro entre empresas

Celebrarase un foro aberto de debate no que empresas galegas poidan pór en común o día a día da mobilidade. Para isto, prevese a participación de compañías e organizacións empresariais que expliquen as particularidades da súa área de actividade no ámbito transfronteirizo: recrutamento e contratación de persoal, desprazamento, obstáculos á mobilidade, trámites, etc.

Data

30 de outubro de 2019

Hora

De 09.45 a 14.00 horas

Lugar

Sede da CEG (Rúa do Vilar, 54, Santiago de Compostela)

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
Eures
Patrocina
Unión Europea
Objetivo

Presentar e compartir experiencias en relación coa actividade e prestación de servizos na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, en especial en relación coa xestión dos recursos humanos e a mobilidade de traballadores e empresas.

Destinatarios

O encontro está dirixido especialmente a empresarios de Galicia que xa desenvolvan actividades a ambos lados da fronteira, así como aqueles que estén preparando a súa acción en Portugal.

Inscrición

Enviando antes do día 28 de outubro á conta euroinfo@ceg.es, un correo indicando nome e apelidos, empresa, correo electrónico e teléfono de contacto

 

 

 

 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.