CEG

 

A nova normativa de envases está lista: a túa empresa está preparada?

A nova normativa de envases

A recente aprobación do Regulamento europeo de envases e residuos de envases en decembro de 2024, veu a sumar novas obrigacións legais ás xa existentes que requiren de adaptacións importantes nos procesos produtivos e loxísticos das empresas.

Nesta xornada debullaremos os aspectos clave da normativa e o seu impacto nas empresas. A través da participación de profesionais e de representantes de sectores estratéxicos, coñeceremos as mellores prácticas e experiencias para afrontar os desafíos e para identificar oportunidades de negocio máis sostibles que permitan abordar con éxito a implementación das novas normas. 

É a terceira das actividades enmarcadas no programa “Transformación sostible: ciclo de xornadas para empresas competitivas”.

A asistencia é gratuita previa inscrición no formulario ao final da páxina.

Data

18 de marzo de 2025

Hora

10:00 - 13:00

Lugar

Sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Rúa do Vilar, 54

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
Enterprise Europe Network
Colabora
APROEMA (Asociación Profesional de Empresas Medioambientales de Galicia)
Formulario
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.