CEG

 

O “Atlantic Golf Business Cup” congrega a numerosos empresarios galegos e portugueses para seguir avanzando na estratexia de posicionamento da Eurorexión

Equipo gañador do torneo de golf
"Atlantic Golf Business Cup"

Os presidentes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, e da Associação Empresarial de Portugal (AEP), Luís Miguel Ribeiro, abordaron as principais cuestións económicas e empresariais de interese común para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal durante un encontro previo á celebración do “Atlantic Golf Business Cup” no Balneario de Mondariz (Pontevedra), patrocinado por Abanca e organizado por ambas as entidades empresariais, no que participaron empresarios de ambos os lados da raia e que axuntou deporte e networking empresarial.

Así, e por parte de Galicia, xogaron os representantes das empresas Grupo Nogar, Pérez Rumbao, Abanca, Adegas As Laxas, Grupo Sestelo, Pescapuerta, Ediprem, GDoce, Afamsa, Industrias Proa, Unvi, Cafés Candeas, Grupo Copo, Bingos Costa Verde, Clínicas Itema e Atlante; mentres que pola parte portuguesa fixeron o propio os representantes das firmas Solverde, F. Rego II, Montepío Crédito II, Transduo, Leilsoc, Apdl, Norprint, Almasdesign S.A., Marsil, Nomore, Balmer Consulting, Antarte, Cotton Style, Konceptil S.A. e RTB Construçao S.A., conformando estes últimos un equipo que resultou o vencedor do torneo.

O encontro -preparatorio das reunións xa previstas no calendario para o próximo outono-, serviu para seguir avanzando no desenvolvemento dunha estratexia que posicione á Eurorrexión a nivel europeo, en aras de convertela nun auténtico polo de atracción de actividade económica e asentamento da industria.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.