CEG

 

A convivencia de 150.600 parados con 15.000 postos vacantes

Acreditación profesional

Ocorre a nivel nacional, pero tamén é  extrapolable a Galicia. Trátase do gran paradoxo no ámbito laboral de que 150.600 parados convivan con 15.000 postos de traballo dispoñibles.  O desafío demográfico e o  descuadre entre a oferta formativa e a demanda do mundo laboral explican parte do problema.

Conscientes diso, e continuando co noso traballo de colaboración coa administración autonómica para corrixir o desaxuste, esta semana seis das nosas organizacións empresariais integradas –a CEC, a  CEO, a CEP,  COINTEGA,  FEGAPE E  CEGASAL- asinaron un convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade para impulsar a acreditación de competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral.

Este procedemento permitiralles ás persoas traballadoras que teñen experiencia laboral demostrable ou que recibiron formación non formal fose do sistema educativo regrado –relacionada coa cualificación profesional que pretenden xustificar-, obter unha acreditación oficial. E todo iso co obxectivo de que poidan conseguir un recoñecemento das habilidades que xa posúen, que lles permita continuar completando esa cualificación profesional a través da Formación Profesional, mellorando a súa formación e empregabilidade, e ao mesmo tempo a competitividade das nosas empresas.

Sen dúbida, este modelo daranos a oportunidade de situarnos á cabeza de Europa en canto a formación, cualificación e recualificación dos nosos traballadores. Non en balde, o recoñecemento e acreditación das competencias profesionais da forma mencionada inscríbese nas estratexias de aprendizaxe permanente e de emprego impulsadas e coordinadas pola Unión Europea.

A promoción da acreditación de competencias e a colaboración coas entidades empresariais no devandito obxectivo é precisamente un dos eixos nos que se fundamenta a “Estratexia de FP Galicia 2030” da Xunta de Galicia.

A clave é ter perfectamente identificadas as necesidades das compañías e a formación que necesitan os traballadores. Sigamos avanzando polo camiño correcto grazas á colaboración público-privada.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.