O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, reuniuse co candidato do PPdeG ao Parlamento Europeo, Francisco Millán, para presentarlle as prioridades empresariais de cara ás eleccións europeas do próximo día 9 de xuño.
Desde a CEG lembran que "as decisións tomadas a nivel europeo poden ter impactos directos nas políticas rexionais e subrexionais. Isto inclúe a asignación de fondos europeos e a implementación de políticas que afectan a Galicia especificamente. É dicir, afrontamos os retos globais, desde Galicia, todos xuntos, de aí a importancia de votar".
Tamén engade que "a entrada de Galicia na Unión Europea foi un catalizador para o desenvolvemento e a modernización do sector empresarial, unha oportunidade para o sector empresarial galego, que soubo aproveitar para mellorar a súa competitividade e adaptarse aos estándares europeos, aínda que aínda quedan desafíos por superar en ter de eficiencia e modernización".
Por iso, os empresarios galegos chaman a "impulsar esforzos en garantir a claridade xurídica que afecta o exercicio dos dereitos dos que gozan os cidadáns e as empresas para actuar no mercado único europeo e eliminar os obstáculos derivados das diferenzas na regulación das profesións e actividades nos distintos estados membros. Ademais de eliminar os obstáculos non arancelarios mediante a armonización das lexislacións nacionais dos estados membros".
No ámbito do sector primario europeo subliñan que hai que "asegurar que os acordos comerciais con países terceiros integren as estratexias do Pacto Verde Europeo, incluíndo a estratexia 'da granxa á mesa' e a de biodiversidade".
Tamén falan de "combater as prácticas comerciais desleais tanto de terceiros países como no mercado interior; establecendo unha dotación de medios operativos e financeiros para realizar un control efectivo das medidas aprobadas e que teña lugar unha aplicación efectiva das mesmas".
En canto ao sector mar industria, desde a CEG consideran que hai que "reforzar a cooperación con terceiros países e organizacións internacionais de face a mellorar o cumprimento das normas internacionais relacionadas coa loita contra a pesca ilegal, non declarada e non reglamentada".
Tamén falan de "impulsar o consumo de produtos pesqueiros; habilitar fondos europeos para acometer a transición enerxética e debater a posibilidade de financiar a renovación da frota para a súa descarbonización na próxima reforma do PPC; e vixiar a etiquetaxe alimentaria que pode dar lugar a confusión e garantir que a etiquetaxe dos produtos distinga claramente o peixe e os seus produtos elaborados doutros produtos que o imitan e pretenden inducir a erro ao consumidor a través de publicidade e etiquetaxe, pero que non son peixe".
Sobre infraestruturas, Vieites, ante a exclusión de Galicia da rede troncal de hidrocarburos de Europa que financia a Unión Europea, ao non aprobarse o apoio ao tramo Guitiriz - Zamora, afirma que "de non cambiarse esta situación atopariámonos con un obstáculo importante para o desenvolvemento de proxectos no ámbito do hidróxeno verde, que só contarían coa loxística portuaria. Galicia é unha das comunidades autónomas que máis produción de enerxía renovable achega. Non é moi coherente que se contamos cunha carteira de proxectos que situarán a Galicia a nivel internacional e que previsiblemente contarán con financiamento comunitario, non se aposte polas infraestruturas necesarias que permitan o seu despregamento e competitividade".
En canto ao investimento en I+D en Europa, desde a CEG puntualizan que "os datos mostran que o principal motor deste investimento en I+D no noso país son as empresas, representando un 56,4% sobre o gasto en I+D interna en 2022 e cun crecemento do investimento do 54% desde 2012, pero aínda con ampla marxe de mellora con respecto ao investimento empresarial europea". Polo tanto, piden facilitar a participación das pemes nos programas de financiamento europeos de I+D, xa que "o financiamento europeo debe contribuír a aumentar o investimento público e privado en I+D+i nos estados membros coa finalidade de conseguir o obxectivo de investimento de polo menos o 3 % do produto interior bruto (PIB) da Unión Europea en investigación e desenvolvemento".
Así mesmo, abordaron as vacantes, o presidente do empresariado galego reflexiona acerca de "a posta en marcha da iniciativa de reserva de talentos da UE, ferramenta que persegue a contratación internacional e que ofrecerá oportunidades aos nacionais cualificados de terceiros países para traballar en sectores considerados de importancia estratéxica a nivel da UE, en particular facilitando a adecuación entre as vacantes na UE e os nacionais cualificados de terceiros países non pertencentes á UE", da que confirma "é unha iniciativa que permitirá mellorar o recoñecemento de cualificaciones de cidadáns extracomunitarios a fin de atraer a traballadores coas capacidades necesarias".