CEG

 

A CEG considera o “Plan de Resposta” del Goberno ao impacto da guerra en Ucrania “intervencionista” e “insuficiente”

Plan de choque do Gobierno

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) considera o Plan Nacional de Resposta ao Impacto da Guerra en Ucraína do Goberno que considera “intervencionista” e “insuficiente”.

Segundo a CEG, a base das medidas aprobadas onte polo Consello de Ministros vía real decreto lei condiciona a liberdade de empresa e coarta aínda máis se cabe a flexibilidade tan necesaria neste momento, indo máis aló dos acordos en materia laboral alcanzados no marco do diálogo social recentemente.

A CEG remarca doutra banda que non é admisible “ir contra a propiedade, limitando a revalorización dos alugueiros”.

No ámbito concreto do mercado laboral, a Confederación de Empresarios de Galicia considera que “as medidas propostas polo Goberno abocarán a moitas empresas á súa quebra ao impedirlles axustar persoal se lles fose necesario, por causa obxectiva.

“Máis ben –puntualiza a CEG- necesitamos medidas de flexibilidade que nos permitan adaptar as nosas estruturas empresariais á conxuntura actual, ata que se supere esta situación, para volver crecer, competir e por tanto contratar”.

Sen rebaixa fiscal extra


A Confederación de Empresarios de Galicia tamén considera que ás luces do Plan “non vai producirse ningún tipo de alivio fiscal extra para a luz, as gasolinas ou o gas”, a maiores do mantemento da aplicación do tipo reducido de IVE aos prezos da enerxía, da rebaixa no imposto especial á electricidade ou a suspensión do imposto de xeración eléctrica ata o 30 de xuño, unhas prórrogas que non constitúen unha novidade xa que foron anunciadas polo Executivo hai un mes e que “non son suficientes para atallar o problema de frear a desbocada inflación que alcanza o 9,8% neste mes de marzo e cuxa previsión é que siga empeorando posto que os prezos continuarán á alza mentres se incrementa o gasto e o déficit público”.

De todos os xeitos, está fóra de toda dubida a necesidade imperiosa de adoptar medidas contundentes nun momento de total incerteza e complexidade, para tratar de conter a escalada de prezos e paliar os efectos do conflito bélico.

 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.