A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mantivo un encontro coa alcaldesa de Santo Domingo, Rosa Carolina Mejía, para analizar as posibilidades de negocio e as oportunidades comerciais entre ambas as dúas rexións.
Rosa Carolina Mejía agradeceu a xentileza do recibimento por parte a CEG e a organización deste encontro. Animou ás empresas galegas a investir e buscar novas oportunidades, tanto na cidade de Santo Domingo como no conxunto da República Dominicana e mostrou disposición tanto do Distrito como do Estado a escoitar á Confederación e a estudar aquelas iniciativas empresariais ou proxectos que puidesen xurdir entre ambas as rexións.
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, sinalou que "o nivel de negocios de empresas españolas e galegas en Santo Domingo, na República Dominicana é bastante significativo, con varias empresas establecidas na rexión. No informe da firma británica Oxford Economics prognostícase que no período 2019-2035 Santo Domingo terá un desempeño produtivo alto, sendo a cidade de máis rápido crecemento económico en Latinoamérica cunha taxa media anual do 4.9%".
O ingreso per cápita anual en Santo Domingo promediaba 3,993.0 dólares. Para o período de xaneiro 2024, o 62.41 % das importacións nacionais corresponden a contribuíntes cuxo domicilio fiscal está rexistrado no Distrito Nacional. Séguenlle as provincias de Santo Domingo e Santiago cunha participación de 14.75 % e 6.18 % respectivamente. De maneira acumulada, o 85.59 % das importacións nacionais concéntrase en 5 provincias, mentres que o resto das provincias representan o 14.41 %. O 92.88 % das importacións ingresaron por vía marítima, o 7.10 % por vía aérea, mentres que o restante 0.01 % por vía terrestre.
Vieites explicou que "as oportunidades que nos brinda o mercado dominicano ás empresas galegas son en áreas con potencial como o turismo, a alimentación e os produtos agrícolas; as enerxías renovables; a construción e as infraestruturas; a tecnoloxía e as telecomunicacións e a exportación de produtos galegos. Promover produtos galegos únicos como mariscos, viños e produtos gourmet no mercado dominicano pode ser unha oportunidade".
Ademais subliñou que "hai que pór en valor o crecemento das exportacións nun país no que venden máis de 250 empresas galegas, que superaron os 49 millóns de euros o último ano. Para calquera empresa, pequena, mediana e grande, é importante realizar unha análise de mercado e establecer contactos locais para aproveitar as oportunidades que xorden para expandirse a mercados internacionais, de maneira efectiva. É aí onde a CEG pode axudarlles".
As cifras das relacións de negocios entre a República Dominicana e Galicia indican que o total exportado polas empresas galegas, de acordo co directorio de Cámaras coa AEAT, en 2021 foi de 34.921.330 € e en 2023 de 36.782.810 €, o cal supón un incremento do 5,3%. Os sectores que máis exportan ao país latino son téxtil; alimentación, como conservas ou viño; cerámica, granito, madeira; sector automobilístico, etc.
España ocupa o 5º lugar entre os subministradores mundiais do país e o 1º entre os europeos: 5.444 exportadores con 1.205 superando 50.000 € anuais.
Entre os sectores que concentran o investimento procedente de España destaca o turismo, que supón o 57% da nosa IDE no devandito país. En República Dominicana hai establecidas 24 cadeas hostaleiras españolas, que reúnen o 56% da oferta turística dominicana. No período xaneiro-agosto de 2022, rexistráronse un total de 124.580 turistas procedentes de España. En 2022, as remesas entre xaneiro e agosto alcanzaron os 6.518,8 MUSD.
A cota de mercado española en bens rolda o 4% do mercado se se fai abstracción dos crus e materias primas, e a cobertura está en 400%.
Ademais, España ocupa o 5º lugar entre os subministradores mundiais do país e o primeiro entre os europeos. Para España, a R.D é o 59º cliente e o 95º provedor. As nosas vendas están bastante repartidas: 5.444 exportadores, con 1.205 superando 50,000 € anuais.