A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a través do Arcebispado de Santiago de Compostela, adhírese á campaña que Cáritas ten aberta para dar resposta á situación de emerxencia xerada polas recentes inundacións no Levante español.
A CEG demostra así o seu compromiso social sumándose a esta campaña. "Esta acción subliña o papel activo que poden desempeñar as empresas en situacións de crise humanitaria, apoiando con recursos e difusión para canalizar a solidariedade cara ás persoas máis afectadas", subliña Vieites.
Dende a entidade, sinalan que "o apoio das empresas galegas, organizado en parte a través de CEG, destaca o rol das organizacións empresariais e as iniciativas privadas como forzas movilizadoras de recursos e concienciación social, o que converte ás empresas en aliadas fundamentais en situacións de emerxencia".
O rexistro específico de todas as empresas galegas que contribuíron permanece no anonimato, por privacidade, pero, di o presidente do empresariado que "sen dúbida, esta colaboración organizada reflicte un compromiso colectivo onde o sector privado móstrase como un elemento construtivo e responsable ante problemas que afectan a toda a sociedade".
Así pois, "esta participación reafirma que, en situacións de catástrofe, as empresas poden ser parte esencial da solución, contribuíndo de maneira rápida e eficiente para axudar a quen máis o necesitan", conclúe.
O tres dioceses afectadas polos efectos da DANA: Cuenca, na localidade de Landete, Albacete, en Letur e especialmente as localidades da diocese de Valencia, serán as receptoras dos fondos recadados a través das doazóns das empresas asociadas á Confederación de Empresarios de Galicia.
As peores inundacións do século en Valencia, Albacete e Cuenca deixaron tras de si decenas de persoas falecidas, vivendas, negocios destruídos e o caos nos pobos e cidades afectadas. As familias que o perderon todo enfrontan agora a dura tarefa de recompor as súas vidas e volver á súa día a día e para iso Cáritas está a traballar para apoiar ás zonas máis afectadas e atender ás persoas damnificadas.
O apoio das empresas, a través de doazóns económicas, "terá un impacto directo nas vidas daqueles que hoxe sofren as consecuencias desta catástrofe natural, axudando a reconstruír os fogares e a esperanza en quen sufriron as peores consecuencias", din.
"Con esta demostración de responsabilidade social das empresas galegas reafírmase o seu compromiso como axentes de cambio, líderes no apoio ás súas comunidades e colaboradoras imprescindibles no intento por paliar os efectos dunha catástrofe sen precedentes que deixa comunidades esnaquizadas e vidas perdidas", lamenta Vieites.
As doazóns dos asociados da CEG poden facerse a través das contas que Cáritas ten abertas para este fin, indicando no concepto "C.E.G. DANA" e o NIF da empresa, para poder certificar a doazón e acceder á correspondente desgravación fiscal.
- Abanca ES18 2080 0319 6030 4000 8096
- Banco Sabadell ES21 0081 2130 4300 0103 7210
- Banco Santander ES44 0049 2584 9210 1001 7670