CEG

 

Suxestións para evitar o sexismo na selección de persoal

Suxestións para evitar o sexismo na selección de persoal

As nosas empresas son conscientes da necesidade de atraer e reter o talento (feminino e masculino).

Pero sabemos que aínda queda camiño por percorrer: persistencia de estereotipos, segregación ocupacional, teito de cristal, escasa presenza feminina en determinadas profesións e en postos de toma de decisións, o acoso no traballo…

Fundamental na fase de selección: a linguaxe, as imaxes e o contido ao ofertar a posto vacante e o enfoque das entrevistas persoais:

 Redactar os anuncios nas formas feminina e masculina e describir o posto e/ou categoría de forma neutra ou que non descarte a ningunha candidatura.
 Non usar termos asociados cos estereotipos masculinos; tan sinxelo como cambiar que o posto require competitividade, ambición, estilo agresivo e claro liderado por satisfacción polo traballo ben feito, creatividade, traballo en equipo e empatía.
 Se se inclúen imaxes no anuncio, deben acompañar á linguaxe inclusiva. 

 Incluír na oferta “salario negociable”. 
 Nas entrevistas coas persoas candidatas, ter en conta a perspectiva de xénero: non facer preguntas persoais non relacionadas co posto (número de fillos, situación familiar…) e, ademais, ser conscientes que, a certas preguntas “supostamente neutras”, por cultura e roles históricos, homes e mulleres tenden a dar respostas diferentes. 

Estas suxestións fanche pensar que che viría ben asesoramento personalizado?
No Gabinete de Igualdade da CEG temos persoal técnico para axudar ás empresas galegas nesta materia.

É un servizo financiado par a administración pública, sen custo para as empresas. 
[email protected]
981 555 888 

Descarga o artigo e contáctanos!

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
Información adicional
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.