Nesta edición o monográfico está dedicado ao novo Colexio de Comisarios da Comisión Europea, que o pasado mes de novembro foi aprobado polo Parlamento, ademais de recoller información sobre a sete prioridades crave establecidas para o período 2024-2029. Estas inclúen o impulso á competitividade e prosperidade sostibles, o reforzo da seguridade e a defensa, unha xestión xusta da migración, a promoción da xustiza social e a igualdade de oportunidades, a mellora da calidade de vida cun sistema agroalimentario resiliente e a conservación da biodiversidade, o fortalecemento da democracia e os valores cidadáns, así como a preparación da UE para o futuro mediante reformas e modernización orzamentaria.
Como principal iniciativa, inclúese tamén información sobre o "Compás da Competitividade", enfocada en reducir a brecha de innovación fronte a potencias como EE.UU. e China, acelerar a transición cara a unha economía verde e dixital, e reducir dependencias estratéxicas para mellorar a seguridade e a resiliencia económica.
Ademais, pola súa relevancia extráense importantes conclusións do informe sobre o mercado laboral e os salarios na UE en 2023, nas súas tres áreas temáticas, destacando que a taxa de desemprego alcanzou mínimos históricos na eurozona, na Unión Europea en xeral e en España e Portugal. Esta tendencia tamén se reflectiu, como se pode comprobar, na nosa análise do emprego da Eurorrexión no primeiro trimestre de 2024.
O boletín tamén informa sobre a consulta pública para a Proposta de Directiva europea sobre pesos e dimensións dos vehículos de transporte. Así mesmo, menciona a iniciativa do goberno portugués chamada IRS Jovem, que ofrece descontos no imposto sobre a renda a mozas co obxectivo de atraer e reter talento, facilitando a súa inserción no mercado laboral do país.