Xa está dispoñible o número 27 do Boletín EURES- T que nesta ocasión recolle información sobre sobre a XXXII Cume Hispano-Portugués celebrada en Trujillo e que revestiu especial importancia para o traballo transfronteirizo pois os Ministerios competentes de ambos os países asinaron un protocolo de cooperación centrado na próxima aprobación do Estatuto dos Traballadores Transfronteirizos.
Os contidos do boletín incorporan tamén unha análise de dúas recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea con especial transcendencia para a libre circulación e que aclaran os dereitos dos traballadores que buscan emprego noutro Estado membro da UE ou da seguridade social aplicable aos traballadores postos a disposición por unha ETT nun Estado distinto ao do seu establecemento.
Grazas á colaboración da Associação Empresarial de Viana do Castelo, inclúese tamén neste número un artigo no que se explican as novidades que afectarán os contratos celebrados a partir do 1 de xaneiro de 2022 como consecuencia da recente aprobación do Decreto Lei 84/2021 en Portugal que regula os dereitos do consumidor na compravenda de bens, contidos e servizos dixitais.
Finalmente e como vén sendo habitual, incorpórase un apartado que analiza a oferta e demanda de emprego na Eurorrexión así como algunha consulta expostas por empresarios e traballadores en materia de mobilidade.